Blogia
patrilidc

Suxerencias a Paquita

mÁis Vale TarDe K NunK

Con todo este mogollón de traballo, EsTaMoS en ExAmEs, pasóuseme informarvos sobre os resultados da enquisa feita nesta páxina: ENQUISA PAQUITA.
Para comezar teño que dicir que as posibles respostas ó interrogante proposto (¿Cal destas prioridades elixes?), foron todas sacadas dun contexto totalmente real, é dicir, son queixas que os residentes soemos manifestar (pero hai moitas, moitas, incluso moitas máis). Weno o dito, as tres posibles respostas eran:
1.- + COMIDA, menos sopa ajjjj
2.- ordenadores decentes!!!!
3.- Persianas Xa!
Como podedes ver, estas propostas axústanse polo menos un pouco á realidade en casa PAQUITA (neste enlace o que podedes ver é outra das propiedades da xefa: A casa do avó).
Os porcentaxes foron os seguintes:

+ COMIDA, menos sopa ajjjj 46%

ordenadores decentes!!! 38%

Persianas Xa! 15%

Polo tanto, podemos dicir que o que máis demandan os residentes é comida decente; aí van unhas receitas para Paquita. Hai un porcentaxe tamén alto de persoas que piden melloras nos ordenadores, por iso tamén incluimos un catálogo para Paca.
Solo me queda dárvolas grazas a todos os que colaborastes neste reflexión-manifestación rabiosa. Podedes seguir votando. Espero que as vacacións vos inspiren e vos animedes a colgar algún comentario na enquisa.
Por certo que para votar tedes que ir ós enlaces. En ENQUISA PAQUITA encontraredes as propostas.

EnQuIsA

Por simple curiosidade ou para seguir queixándose, propóñovos que votedes a suxerencia a Paquita que máis prioridade ten para vos. A enquisa está nos enalces da sección Suxerencias a Paquita, alí poderedes elexir entre tres opcións, aínda que tamén se admiten comentarios para aumentar a lista. O día 10 de Xuño (data na que finalizan as clases) descubriredes os resultados e o mellor dos vosos comentarios nun post de remate final.
Mentres, disfrutade co impulso furioso que agora vos invade... VOTADE.

AgOrA Si.......

Para vós creo esta sección na que por fin podedes dirixir todas as vosas queixas hacia P., algúns xa sabedes de quen estou falando, os que esteades un pouco perdidos simplemente protestade e deixade fluir toda a vosa ira hacia este personaxe.....dicen que de vez en cando isto ven bastante bem :)